Pasar al contenido principal

A Fundación Dieta Atlántica da USC promove un curso de verán que estuda os beneficios desta alternativa gastronómica

A dieta atlántico é o tema central dunha das propostas incluídas na programación da Universidade de Verán 2011 da USC na que relacionando nutrición e gastronomía se avalían os beneficios que esta dieta pode reportar para a saúde, benestar e lonxevidade. Baixo a dirección do profesor Rafael Tojo e promovido pola Fundación Dieta Atlántica da USC, as intervencións contempladas no programa xirarán arredor á historia da dieta atlántica, con especial referencia ao arco atlántico español e, de xeito específico, sobre os beneficios desta alternativa alimentaria. Para desenvolver a análise, están convidos profesionais e investigadores de diferentes ámbitos, dende a historia, ata a xenética, a endocrinoloxía, a nutrición e a bromatoloxía, a neuroloxía, a cardioloxía, a oftalmoloxía ou a química, entre moitos outros perfís. Ademais de trazar puntos de referencia entre a dieta atlántica e os diversos campos de estudo abordados, o curso achegará aos asistentes o papel neste eido da industria da alimentación, coa presenza de representantes de diversas empresas do sector alimentario.

Para acadar máis información sobre o programa e o proceso de matrícula, as persoas interesadas poden visitar a páxina web do curso en http://www.usc.es/cultura/uveran18_11.htm.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.07.2011.