Pasar al contenido principal

Convocado a segunda edición dos Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación

Premiaranse experiencias educativas innovadoras e traballos de investigación sobre relacións e roles de xénero
Premiaranse experiencias educativas innovadoras e traballos de investigación sobre relacións e roles de xénero

O ‘Premio á introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación’ alcanza a súa segunda edición coa finalidade de fomentar a calidade e a innovación educativa incluíndo a perspectiva de xénero na actividade cotiá dos centros, institutos e departamentos da institución docente compostelá. Esta iniciativa, convocada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade a través da súa Oficina de Igualdade e Xénero, contempla dúas modalidades de participación. Así poderanse presentar experiencias educativas innovadoras relativas á inclusión da perspectiva de xénero na docencia na USC, realizadas nos últimos tres anos, e que supoña algún tipo de práctica docente susceptible de ser ampliada e mesmo xeneralizada a outros contextos do ensino superior. Esta experiencia deberá incidir na mellora do ensino e da aprendizaxe na Universidade, facendo unha breve valoración dos beneficios reportados. A segunda posible modalidade de participación resérvase aos traballos de investigación desenvolvidos nos últimos tres anos sobre relacións e roles de xénero dende o punto de vista educativo, psicolóxico, social, histórico, lingüístico, filosófico, biolóxico, sanitario, xurídico,... Tamén poderán concorrer traballos de calquera ámbito de coñecemento que inclúan a perspectiva de xénero na formulación de hipóteses, deseño de proxectos, metodoloxía e implementación da investigación, así como na publicación dos resultados obtidos. Premiaranse ata un máximo de seis experiencias que o xurado considere de maior calidade. Deste xeito establécense tres premios por cada modalidade de entre 1.500 e 500 euros de cuantía. A admisión de orixinais rematará o 30 de setembro. Para acadar máis información sobre a convocatoria, as persoas interesadas poden consultar as bases do Premio na páxina web da Oficina de Igualdade de Xénero (http://www.usc.es/oix).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.07.2011.