Pasar al contenido principal

A música volve ao Paraninfo da Universidade co concerto de Ensemble Ixor

Alumnos do Taller de música contemporánea do Conservatorio da Coruña actuarán o martes 15 no Ciclo Novos Intérpretes

A décimo terceira edición do Ciclo Novos Intérpretes da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza entra no seu tramo final. O grupo Ensemble Izor, formado por alumnos do Taller de Interpretación de Música Clásica Contemporánea do Conservatorio Superior de Música da Coruña ofrecerá o vindeiro martes, 15 de febreiro, un concerto, a partires das 20:30 horas, no Paraninfo da Universidade, sito na Facultade de Xeografía e Historia. O taller de música creouse no curso 2010-11 por iniciativa de Pablo Coello, profesor de saxofón no conservatorio, abordando o repertorio solista de cámara da metade dos séculos XX e XXI. O concerto, cuxa entrada é de balde, é unha mostra do traballo realizado nos catro meses de existencia do taller e inclúe obras dalgúns autores como Stockhausen, Giacinto Scelsi e Morton Feldman, Fernando Buide ou Miriama Young. O Ciclo de Novos Intérpretes, que se celebra luns, martes ou mércores de cada semana ata o 28 de marzo, consta de doce concertos e ten por obxecto achegar a música ao público máis novo, á vez que os mozos intérpretes adquiren experiencia no escenario.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.03.2011.