Pasar al contenido principal

Os alumnos de Dereito poden acadar ‘Un galego perfecto en trinta horas’

O prazo de matrícula do curso, que é de balde, está aberto

Os estudantes de Dereito poden inscribirse xa no obradoiro ‘Un galego perfecto en 30 horas’, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística da USC. Os alumnos interesados poden formalizar a súa inscrición a través da secretaría virtual da universidade ata o vindeiro 10 de marzo, na dirección web http://www.usc.es/snl/forma/index.htm. O curso é de balde e conta con 25 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, aínda que se creará unha lista de agarda, dado que se xuntan suficientes peticións podería crearse outro grupo. O obradoiro desenvolverase na Facultade de Dereito entre o 14 de marzo e o 4 de abril, os luns, mércores e xoves, en horario de 9:00 a 11:00 horas. Trátase dun total de 20 horas presenciais e 10 dedicadas á elaboración de traballos. Neste período, os estudantes poderán mellorar aspectos da súa fonética, ortografía, morfosintaxe e da redacción en xeral grazas “ás 30 receitas básicas para ter un galego perfecto”, segundo explicou o Servizo de Normalización. Ao remate do curso, os asistentes recibirán un diploma e obterán un crédito de libre configuración pola participación no mesmo. A actividade formativa ten por obxecto perfeccionar a competencia lingüística e comunicativa oral e escrita en galego, partindo do dominio da variedade estándar que xa posúen os estudantes da USC que proceden do sistema galego de ensino. De feito, segundo explica o Servizo de Normalización, pese a que os alumnos que acceden á universidade xa teñen un notable nivel de coñecemento de lingua galega, detéctanse cuestións a nivel oral e escrito que no se ven totalmente consolidadas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.02.2011.