Pasar al contenido principal

Biólogos e historiadores lembrarán a figura de Cruz Gallástegui co gallo do cincuenta aniversario do seu pasamento

As facultades de Bioloxía e Historia organizan un vídeoforum sobre creador da Misión Biolóxica de Galicia o xoves 10

‘Accións e depresións de don Cruz Gallástegui, o creador da Misión Biolóxica de Galicia’ é o título do vídeoforum que organizan este xoves 10 de marzo a Facultade de Bioloxía e Historia co gallo do cincuenta aniversario da morte do biólogo guipuscoano afincado en Galicia. A actividade ten lugar a partir das 12:30 horas no Salón de Graos Severo Ochoa e está dirixida á comunidade universitaria e o público interesado. O acto consistirá na proxección dun documental biográfico do creador da Misión Biolóxica de Galicia, presentado polo guionista José Antonio Durán, que é o autor desta reportaxe que narra a labor do biólogo. Cruz Gallástegui foi, xunto a Miguel Odriozola, un dos principais precursores dos estudos botánicos e agrícolas en Galicia. Durante o seu traballo na Misión Biolóxica, Gallástegui destacou como xenetista, protagonizando unha verdadeira revolución no mundo da bioloxía aplicada á agricultura, especialmente no cultivo do millo e no engorde do gando. A proxección do documental comezará ás 12:30 horas e, posteriormente, abrirase un coloquio sobre a figura do biólogo. A Misión Biolóxica é un centro del Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), situado na provincia de Pontevedra, que se ocupa dos principais cultivos de Galicia, abarcando diversos aspectos de conservación e caracterización de recursos fitoxenéticos, mellora e xenética.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.03.2011.