O profesor Ramón José Estévez tomará posesión este luns 14 como decano da Facultade de Química
O profesor Ramón José Estévez Cabanas tomará posesión o vindeiro luns 14 de febreiro do seu cargo como decano da Facultade de Química. O acto protocolario, que terá lugar a partir das 14:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, estará presidido polo reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares. Este será o segundo mandato para Ramón Estévez ao fronte da facultade compostelá, no que estará acompañado por Alejandro Alberto Macías Luaces como vicedecano e María Carmen Yebra Biurrun como secretaria do centro. Ramón Estévez é catedrático de Química Orgánica e con anterioridade a ocupar o decanato da Facultade de Química foi coordinador programa de doutoramento de Química Orgánica da USC, director do Departamento de Química Orgánica, decano da Facultade de Ciencias de Lugo e director do Colexio Universitario de Lugo