Pasar al contenido principal

Dúas violonchelistas, unha trompetista e unha pianista actuarán o vindeiro luns 14 de febreiro no Paraninfo da Universidade

Dúas violonchelistas, unha trompetista e unha pianista actuarán o vindeiro luns 14 de febreiro no Paraninfo da Universidade

A décimo terceira edición do Ciclo Novos Intérpretes, organizado pola Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza en colaboración coa USC, chega ao seu ecuador este vindeiro luns 14 de febreiro. O sexto concerto comezará ás 20:30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) e contará coa participación das violonchelistas Esperanza Filgueira Rama e Alba Rodríguez. As mozas músicas interpretarán un programa barroco italiano que inclúe obras de Benedetto Marcello, Giovanni Gabrieli e Francesco Scipriani. Filgueira, natural de Noia, é na actualidade alumna da Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo de Oporto; mentres que Alba Rodríguez, de Ponteareas, realiza o último curso de grao profesional no conservatorio compostelán. O programa deste luns 14 complétase coas actuacións da trompetista Sabrina Salgado, que estará acompañada ao piano por María del Carmen Ruíz. O pasodobre Pascual Marquina, unha sonata e unha bossa atópanse no repertorio desta moza intérprete. O XIII Ciclo Novos Intérpretes consta dun total de doce concertos, que se celebran todos os luns e martes ata o 28 de marzo. Trinta e cinco novos músicos galegos e residentes na nosa comunidade interveñen neste ciclo, que ten por obxecto achegar a música aos máis novos e promocionar aos talentos mozos. A entrada é de balde.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.02.2011.