Pasar al contenido principal

Os filósofos alemáns Kant e Husserl e a súa antropoloxía, obxecto dun coloquio científico da USC

A Facultade de Filosofía iniciou este luns 17 a celebración dun coloquio científico que ao longo de tres días reúne a expertos que debaterá arredor de ‘A razón e os seus fins: elementos para unha antropoloxía filosófica en Kant e Husserl’. As xornadas, que foron inauguradas este luns polo decano Luís García Soto, estenderanse ata o mércores 19 con relatorios a cargo de profesores das universidades de Trier, Granada, Lima e Landau, ademais de docentes do campus compostelán. A teoloxía ética kantiana, a imaxinación na antropoloxía de Kant ou a humanidade como un fin en si mesmo e a liberdade do home como fin da creación foron algúns dos temas que se abordaron nesta primeira xornada do coloquio. O programa para o martes 18 centrarase na figura do filósofo Edmund Husserl, aínda que tamén se fará unha aproximación a utopía kantiana e se analizará a posibilidade dunha antropoloxía hoxe dende a perspectiva destes dous filósofos alemáns. O coloquio científico remata o mércores 19 cos relatorios dos profesores da USC Rafael Martínez, Pilar Encinar e María Jesús Vázquez e pecharase cun coloquio a cargo do profesor Nel Rodríguez Rial, director do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.01.2011.