Pasar al contenido principal

Presentación de ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e ‘Músicas a carón da Vidreira’ dentro da programación de Lugo Cultural

Representantes das distintas entidades que se unen para impulsar as actividades culturais da cidade de Lugo dentro do programa Lugo Cultural comparecerán o vindeiro luns 17 ás 11.30 horas para presentar a programación dos ciclos ‘Músicas a carón da Mosqueira’ e ‘Músicas a carón da Vidreira’ que se desenvolverá no Campus de Lugo nas vindeiras datas.

Intervirán no acto que se celebrará na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, o vicerreitor de Coordinación e planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o deputado provincial responsable de Cultura, Antonio Veiga; e a concelleira de Cultura de Lugo, Nuria Mundiña. O convenio Lugo Cultural está formado pola USC, o Concello de Lugo, Deputación de Lugo, Dirección Xeral de Promoción e Difusión de Cultura da Xunta e Fundación Caixa Galicia e está xestionado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC. Lugo Cultural consta dunha completa programación que se foi estabilizando durante os últimos anos na cidade e que consta de varios ciclos que albergan disciplinas e obxectivos como a música clásica, a música de grupos galegos, a recuperación de espazos escénicos, a danza contemporánea, o teatro, a fotografía ou a oferta de exposicións e cursos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.01.2011.