Pasar al contenido principal

Arranca a actividade no plató de escenografía virtual da USC cun curso avanzado de escenografía e grafismo 3D

O novo plató de escenografía virtual da USC inicia este martes a súa actividade no marco da primeira edición do Curso Internacional Brainstorm de Escenografía Virtual Avanzada e Grafismo 3D, organizado polo CIDUS (Plataforma para a innovación e a experimentación en contidos dixitais da USC) e a empresa Brainstorm Multimedia. Este curso celebrarase entre os días 11 e 14 na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC co obxectivo de favorecer a intensiva capacitación teórica e práctica sobre o enorme potencial operativo e de plugins do software Brainstom sStudio 12, EasySet 12 e Easy On Air Graphics. No seu desenvolvemento participarán operadores e desarrolladores especializados en escenografía virtual e grafismo 3D de Arxentina, Brasil, Chile, Corea, Emiratos Árabes, India, México, Perú, Portugal e Reino Unido.

O CIDUS ten como misión ofrecer servizos de excelencia en I+D+i e transferencia tecnolóxica ao sector audiovisual e multimedia, así como de capacitación profesional en todas as fases do ciclo de vida de calquera tipo de contido dixital. Para a súa creación contou co financiamento do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio; de Red.es e da CRUE ao clasidicarse en primeiro lugar na convocatoria pública competitiva ‘Profesionais Dixitais do Plan Avanza 2.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.01.2011.