Pasar al contenido principal

O profesor José Fernández Labastida nomeado director da División Científica do European Research Council

É un organismo encargado de estimular a excelencia científica en Europa mediante o fomento da competencia polo financiamento entre os investigadores

O catedrático de Física Teórica da USC José M. Fernández Labastida acaba de ser nomeado director da División Científica do European Research Council (CEI), organismo encargado de estimular a excelencia científica en Europa mediante o fomento da competencia polo financiamento entre os investigadores de calquera nacionalidade ou idade. O CEI está formado por un Consello Científico independente e unha Axencia Executiva e foi creado dentro do Sétimo Programa Marco. O Consello Científico, órgano rector do CEI, define a estratexia de financiamento científico e metodoloxías, e representa á comunidade científica en Europa para promover a creatividade e a investigación innovadora. Actualmente presídeo a profesora Helga Nowotny e está composto por 22 eminentes científicos e académicos, entre eles algúns Premios Nobel. O CEI concede importantes bolsas de investigación para científicos que se atopan no inicio da súa carreira profesional ("ERC Starting Grants") ou para científicos con experiencia e recoñecidos no seu ámbito ("ERC Advanced Grants"). Fernández Labastida A incorporación do profesor Fernández Labastida a este organismo europeo súmase a outros postos de responsabilidade desenvolvidos en diferentes niveis da administración, entre os máis recentes a Secretaría Xeral de Política Científica e Tecnolóxica do goberno estatal.

Na USC, José Fernández Labastida foi decano da Facultade de Física e o primeiro director do Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua. Ás súas responsabilidades na xestión universitaria hai que sumar a súa liña de traballo no eido da Física Teórica de partículas, no que suma destacadas achegas realizadas tanto en solitario como en colaboración con destacados investigadores, entre eles Edward Witten, primeiro físico en gañar a Medalla Fields.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.01.2011.