Pasar al contenido principal

Convocadas as axudas para a escolarización de menores de tres anos destinadas á comunidade universitaria luguesa

Convocadas as axudas para a escolarización de menores de tres anos destinadas á comunidade universitaria luguesa
Convocadas as axudas para a escolarización de menores de tres anos destinadas á comunidade universitaria luguesa
Este xoves ábrese o prazo para a solicitude do cheque para atención de primeira infancia en escolas infantís

Este xoves 13 de xaneiro ábrese o prazo para a solicitude de axudas á escolarización de menores de tres anos e destinadas á comunidade universitaria do Campus de Lugo que permanecerá vixente deica o vindeiro día 25. Esta convocatoria permitirá conceder cheques en escolas infantís non sostidas con fondos públicos para os fillos, tutelados e acollidos do persoal e estudantes da USC.

Os estudantes, investigadores en formación, Persoal de Administración e Servizos (PAS) e Docente e Investigador (PDI) da USC vinculados ao Campus de Lugo son os destinatarios destas axudas. O campus lugués ofrece un total de 25 axudas para o presente curso, sendo persoal docente e investigador e os PAS os sectores para os que se reserva un maior número de prazas, doce no primeiro e seis no segundo caso. O obxectivo desta convocatoria é o de equiparar as prestacións que se ofrecen á comunidade universitaria do campus compostelán, onde existe a Escola Infantil Universitaria Breogán. Para isto, as axudas económicas seguen os criterios e baremos que se aplican na Escola de Santiago. As persoas interesadas en ampliar esta información ou solicitar os cheques poden consultar a resolución no seguinte enlace: Convocatorias - Vicexerencia do Campus de Lugo - USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.01.2011.