Remata o prazo para participar no I Certame de Comedia Curta en Galego ‘Somos a curta’
Este venres 25 remata o prazo de presentación de propostas ao I Certame de Comedia Curta en Galego ‘Somos a curta’, unha actividade coa que a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación tenta reflexionar sobre o futuro do xornalismo e ao tempo contribuír á normalización da lingua galega dende o contexto audiovisual. No certame, cun premio á mellor curta de 600 euros, poderá participar calquera estudante ou grupo de estudantes das universidades galegas, das escolas oficiais de Imaxe e Son ou de bacharelato artístico dos institutos de Educación Secundaria de Galicia. Na avaliación das propostas presentadas premiaranse os dotes lingüísticos, técnicos, artísticos e humorísticos do estudantado galego.
As obras exhibiranse ao público nunha gala que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación o 14 de decembro. As bases do certame e a folla de inscrición poden descargarse en http://www.usc.es/snl/dinamiza/somosacurta.htm