Pasar al contenido principal

O reitor participa no Forum Europa

O papel da universidade no desenvolvemento económico e social futuro ou a xeración de valor engadido e benestar social a través da transferencia de coñecemento serán algún dos temas que trate na súa conferencia o reitor Juan Casares no Forum Europa. Tribuna Galicia. A sesión desenvolverase no Parador Hostal Reis Católicos a partir das 9.00 horas no transcurso dunha conferencia-almozo que promove Nueva Economía Forum. A intervención do reitor virá precedida da presentación que realizará o profesor Manuel Sánchez Salorio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2011.