Pasar al contenido principal

Continúa a campaña de doazón de sangue nos campus

As unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia continúan a desenvolver a súa campaña de doazón de sangue polos distintos centros dos Campus de Santiago e Lugo. As facultades de Bioloxía e Matemáticas disporán de unidades móbiles na entrada os días 28 e 29 deste mes de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. En Filoloxía a unidade estará dispoñible no mesmo horario os días 30 de novembro e 1 de decembro. Xa en Lugo, a comunidade universitaria poderá doar sangue o martes 29 na Facultade de Administración e Dirección de Empresas e o xoves 1 na Biblioteca Intercentros, tamén no horario antes mencionado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.11.2011.