Pasar al contenido principal

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC asiste a unhas xornadas sobre como comunicar a crise económica e financeira

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) participa este luns 21 e o 22 nas actividades da Comisión Europea en Madrid sobre ‘Comunicar a crise económica e financeira: instrumentos e desafíos’. É unha actividade orientada a facilitar instrumentos de comunicación en eidos como o da nova gobernanza financeira na USC, ofrecendo claves de interpretación sobre a crise económica en España, Grecia e Portugal, así como indicacións sobre como transmitila aos máis novos. Concretamente o CEDE da USC intervirá este martes 22 na sesión relativa a ‘Falar en público’ sobre as iniciativa emblemáticas da Estratexia Europea 2020, dentro do taller relativo á Axenda Dixital. A través destas xornadas, promovidas pola representación en Madrid da Comisión Europea, preténdese impulsar ferramentas de difusión sinxelas para que os estudantes, profesores e a sociedade en xeral poidan interpretar mellor as causas da crise e os traballos postos en marcha desde Europa para poñerlle fin. A participación do CEDE permitirá a este servizo da USC mellor o desenvolvemento da súa actividade e das investigacións para achegar o traballo da UE á USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.11.2011.