Pasar al contenido principal

Os centros do ensino medio de Galicia coñeceron na USC as últimas novidades sobre o acceso á Universidade

Os centros do ensino medio de Galicia coñeceron na USC as últimas novidades sobre o acceso á Universidade
Os centros do ensino medio de Galicia coñeceron na USC as últimas novidades sobre o acceso á Universidade

Preto de 300 representantes de centros de ensino medio de toda Galicia asistiron este mércores en Santiago a unha xuntanza con persoal directivo da Universidade de Santiago para debater acerca das actividades a desenvolver neste curso académico e coñecer as últimas novidades da USC e das PAAU. Esta novena edición das xuntanzas con persoal directivo e orientador de centros de Ensino Medio que organiza anualmente o programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’ comezou cunha benvida do reitor Juan Casares e dun representante do Concello compostelán. A continuación, o coordinador do programa A Ponte, o profesor Luis Hervella Torrón, comentou as accións que se van levar a cabo neste curso. A estas intervencións seguíronlle as da directora do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, Patricia Cuevas, e do responsable do Servizo de Participación e integración Universitaria, Javier Agrafojo, que presentaron os seus cursos e accións. Deseguido o vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, explicou o programa de bolsas de mobilidade estatais e internacionais e o representante da USC na CIUG, Jaime Romero, informou das últimas novidades das PAUU. A xuntanza rematou cun coloquio no que os asistentes dos centros de ensino secundario formularon cuestións de interese relativas á USC e ás condicións de acceso á Universidade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.11.2011.