Pasar al contenido principal

O organista Brian Charette, este martes na Casa do Saber de Lugo

Un dos máis importantes organistas de Nova York, Brian Charette, ofrece este martes 15 en Lugo un concerto no marco do XXI Festival de Jazz de Lugo. Nomeado en dúas ocasións aos premios Grammy, actuará na Casa do Saber ás 20.00 horas xunto co batería/percusionista orixinario de Mississippi, Greg Stewart, e o guitarrista lucense Telmo Fernández. The Bee’s G.T. Organ Trío bebe das fontes rítmicas dos anos 60 e 70 fusionando a máis pura tradición do organ jazz con blues, soul, funk e R&B e logrando un estilo ecléctico debido á diferente procedencia dos compoñentes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.11.2011.