Pasar al contenido principal

Representantes de centros do ensino medio de Galicia reúnense este mércores con persoal directivo da USC

Preto de 300 representantes de centros de ensino medio de toda Galicia asisten este mércores 16 en Santiago a unha xuntanza con persoal directivo da Universidade de Santiago para debater acerca das actividades a desenvolver neste curso académico e coñecer as últimas novidades da USC e das PAAU. Esta novena edición das xuntanzas con persoal directivo e orientador de centros de Ensino Medio que organiza anualmente o programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’ desenvolverase no Salón Nobre de Fonseca. A sesión comezará ás 11.30 horas cunha benvida do reitor Juan Casares e dun representante do Concello compostelán. A continuación, o coordinador do programa A Ponte, o profesor Luis Hervella Torrón, comentará as accións que se van levar a cabo neste curso. A estas intervencións séguenlle as da directora do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, Patricia Cuevas, e do responsable do Servizo de Participación e integración Universitaria, Javier Agrafojo, que presentarán os seus cursos e accións. Deseguido será a quenda do vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet, para explicar o programa de bolsas de mobilidade estatais e internacionais; e do representante a USC na CIUG que informará das últimas novidades das PAUU.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.11.2011.