Pasar al contenido principal

A Facultade de Física conmemora o seu trinta aniversario

Nun acto en Fonseca ao que asisten o presidente da Xunta de Galicia, o reitor compostelán e o premio Nacional de Investigación ‘Juan de la Cierva’ de transferencia tecnolóxica 2011

A Facultade de Física da USC conmemorará este venres 25 o trinta aniversario da súa creación cun acto protocolario no Salón Nobre do Colexio de Fonseca ao que está prevista a asistencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do reitor Juan Casares. Este programa conmemorativo comezará ás 10.30 horas coa descrición que a secretaría da Facultade, Elena López Lago, realizará respecto da historia do centro. O discurso institucional do decano Luis Miguel Varela Cabo precederá ás intervencións do reitor Juan Casares e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Para completar a xornada, Antonio Hernando Grande, premio Nacional de Investigación ‘Juan de la Cierva’ de transferencia tecnolóxica 2011 pronunciará a conferencia ‘Física en España e en Santiago durante os últimos 30 anos’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.11.2011.