O novo programa ‘Erasmus para todos/Erasmus for all’ presentase este venres en Madrid
O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC está a xestionar a participación da comunidade universitaria interesada en asistir á presentación do novo programa da Comisión Europea ‘ Erasmus para todos/Erasmus for all’. O acto, organizado pola Representación da Comisión Europea en Madrid’ celebrarase o vindeiro venres 29 ás 12.00 horas na sede das institución europeas en Madrid (Paseo Castellana, 46). ‘Erasmus para todos/Erasmus for all’ é un programa dotado con 19,5 millóns de euros para o período 2014-2020 e dirixido a estudantes e formadores de todos os niveis dos eidos da educación, formación, xuventude e deporte. Os membros da comunidade universitaria interesados en asistir poden enviar o seu nome completo ao enderezo do CEDE (cede [at] usc.es (cede[at]usc[dot]es)) que remitirá a listaxe elabroada á Comisión Europea aos efectos de verificación de asistencia e que recibirán o arquivo coa invitación institución da Comisión Europea.