Pasar al contenido principal

A USC e la Caixa renovan o acordo para o patrocinio das carpetas-axenda entregadas ao alumnado matriculado este curso

O reitor Juan Casares e Marc Arthur Benhamou de la Caixa asinaron a renovación no despacho reitoral
O reitor Juan Casares e Marc Arthur Benhamou de la Caixa asinaron a renovación no despacho reitoral

O reitor Juan Casares e o delegado territorial de la Caixa en Galicia, Marc Arthur Benhamou, asinaron este mércores 23 a renovación do acordo de colaboración que a institución educativa e a entidade de aforro manteñen para o desenvolvemento de actividades conxuntas. A sinatura celebrarase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome e con ela concretouse a renovación do acordo para o financiamento das carpetas-axenda que a USC entregou este curso aos alumnos durante o proceso de matrícula. Trátase dun paso máis no amplo abano de actividades conxuntas que as entidades asinantes manteñen dende hai anos, e que abranguen o emprendemento, a cultura, a investigación ou a cooperación institucional. Con esta colaboración la Caixa se suma á campaña institución que a universidade compostelá está levando a cabo para a difusión do seu labor á sociedade, neste caso en particular, entre o estudantado que se matriculou nos graos impartidos nos Campus de Santiago e Lugo. la Caixa achegará unha cantidade única de 30.000 euros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.11.2011.