Pasar al contenido principal

A revista Semata presenta un novo número dedicado á trama dos imperios

A revista Semata achégase no seu novo número, o que fai o número 23 da colección, ao tema ‘Imperios: luz y tinieblas’, nunha edición que recaeu en Ramón Máis, Pedro López Barja e José Mª Portillo. O novo número presentarase en público este mércores 23 nun acto programado para as 12.00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia. Na presentación intervirán o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso; o director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Juan Blanco; a directora da revista, Mª Carmen Saavedra; e os coordinadores da edición, os profesores Pedro López Barja e Ramón Máiz. Cunha proposta de análise arredor da trama dos imperios ao longo da historia, a revista reúne a historiadores, xeógrafos e politólogos que achegarán esforzos dende unha perspectiva comparativa e multidisciplinaria. O resultado son dezanove artigos vertebrados en seis bloques temáticos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2011.