Pasar al contenido principal

A USC completa a elaboración dos sistemas de Garantía Interna de Calidade dos seus centros

O Consello de Goberno aproba os correspondentes a Ciencias da Educación, Ciencias, Filosofía, Humanidades e Relacións Laborais de Lugo

O Consello de Goberno da USC aprobou os manuais dos Sistemas de Garantía Interna de Calidade das facultades de Ciencias da Educación, Ciencias, Filosofía e Humanidades e da Escola de Relacións Laborais de Lugo, co que se completa a elaboración destes sistemas para todos os centros da USC. Este é un instrumento de mellora continua nas titulacións que se imparten nos centros da USC, permitindo un nivel de calidade que facilite a súa acreditación e posterior mantemento. Logo da súa aprobación polo Consello de Goberno, agora deberán superar a avaliación da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego (ACSUG). O marco do EEES e os novos cambios introducidos na normativa española establecen que as universidades deben garantir nas súas actuacións o cumprimento dos obxectivos asociados ás ensinanzas que imparten, buscando ademais a súa mellora continua. Por iso, as universidades deben contar con políticas e Sistemas de Garantía Interna de Calidade formalmente establecidos e publicamente dispoñibles. Na mesma xuntanza, o Consello de Goberno aprobou o nomeamento como profesores ad honorem de Enrique Raviña Rubira, do Departamento de Química Orgánica; de Isabel Bernárndez Hermida, do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía; e de Juan Vázquez Sánchez Rubira de Lóxica e Filosofía Moral. Segundo se recolle no Regulamento correspondente, poderán ser designados como profesores/as e investigadores/as Ad honorem aquelas persoas de relevante prestixio profesional no seu campo que colaboren desinteresadamente en actividades formativas e/ou investigadoras da USC. Outros puntos

A modificación da RPT de PAS ou a convocatoria e normas reguladoras da Universidade de Verán 2012, son os outros puntos que integran a orde do día xunto cos regulamentos de réxime interno da Facultade de Humanidades e dos másteres e a oferta de cursos de posgrao propios.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.11.2011.