Pasar al contenido principal

Últimos días para matricularse no curso multidisciplinar para o coidado de persoas dependentes

O Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) en colaboración coa Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple organizan o "Curso multidisciplinar para o coidado de persoas dependentes" que se celebrará do 6 ao 8 de maio. É unha iniciativa na que poderán matricularse un máximo de 60 persoas, estando aberto o prazo de inscrición ata o mércores 4 de maio. Con este curso preténdese ampliar os coñecementos na atención a persoas dependentes dende distintas ópticas, contribuíndo así a evitar o illamento nos seus domicilios e favorecendo a integracións social dos afectados. O contido desta acción formativa estrutúrase en varias conferencias, a proxección dunha película co posterior coloquio e unha vertente de orientación máis práctica desenvolvida en obradoiros, recollendo unha análise dende distintos campos profesionais (enfermaría, logopedia, fisioterapia, terapia ocupacional e traballo social) así como experiencias prácticas de traballo e intervención con persoas dependentes e/ou con discapacidades. A participación no curso está recoñecido con un crédito de libre configuración e ten concedida a declaración de interese sanitario da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia, debendo asistir como mínimo ao 90% do total das horas académicas programadas. O curso inclúe como obrigatoria a entrega dunha memoria final para a avaliación do aproveitamento (400 palabras).

As persoas interesadas poden dirixirse á paxina web do SEPIU, servizo dependente da Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua no enlace http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/seccion_formacion_e_investigacion/cursos_2010_2011.html.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.04.2011.