As terceiras Xornadas de Economía Crítica reflexionan sobre o estado do benestar, a cultura e a comunicación
As terceiras Xornadas de Economía Crítica, organizadas pola Liga Estadantil Galega, comezaron este martes 26 cunha conferencia a cargo do economista Ramón Yáñez. Trátase do primeiro dos cinco días de actividades, que terán lugar 27 e 28 de abril e 3 e 7 de maio neste e outros centros da USC. A Facultade de Ciencias Económicas acolle esta primeira xornada, na que tamén participan como poñentes a catedrática da Universidade Autonóma de Barcelona, Miren Etxezarreta, así como o catedrático de Economía Aplicada da USC Xavier Vence e o enxeñeiro Xoán López Facal. O programa do mércores 27, que tamén se desenvolverá en Económicas, xirará arredor do paradigma do Estado de Benestar. María Xosé Agra e Pilar Estévez abrirán a xornada cun relatorio sobre ‘Muller e mercado de traballo’. O coordinador do portal Altermundo.org Manoel Santos e Xabier Macías de Fundación Galiza Sempre, pecharán os relatorios. O xoves 28 de abril, as conferencias trasládanse á Facultade de Ciencias da Comunicación. O fotógrafo Daniel Burgui iniciará a xornada, na que participan tamén os actores Ernesto Chao e Xosé Manuel Oliveira, que analizarán a situación do audiovisual galego na actualidade. Durante este mesmo día, o exsecretario xeral da Federación de Sindicatos de Periodistas Enric Bastardes e Xosé Manuel Vega, do Observatorio Galego de Medios. Pechará o programa do 28 o profesor e director da revista Tempos Novos Luís Álvarez Pousa, quen falará sobre o dereito da cidadanía a unha información de calidade. As actividades continuará a vindeira semana nas facultades de Filoloxía e Económicas, na libraría Coureiro e na Obra Social de Novacaixagalicia. Para máis información pode consultarse a ligazón da liga.