Imposición de becas colexiais no Colexio Maior Fonseca
O reitor presidirá no Colexio Maior Fonseca o acto de imposición de becas colexiais nunha sesión que se celebrará este xoves 28 a partir das 21:00 horas no Colexio. Xunto ao reitor tamén estarán presentes o vicerreitor de Estudantes e Formación Continua, Francisco Durán; a directora da Área de Residencias, Anuska Mosquera; e os directores dos colexios maiores San Clemente e Fonseca, Pastora Bello e Vicente Sanjurjo, respectivamente. Na sesión, serán nomeados becarios de honra María Subiela Pérez, membro do cadro de Persoal de Administración e Servizos do Colexio Fonseca, e o profesor José M. Mayán Santos.