Pasar al contenido principal

A Escola Politécnica Superior conmemora o Día da Terra 2011

Deseñou un programa de actividades para este martes 26 e mércores 27

A Escola Politécnica Superior de Lugo conmemorará o Día da Terra 2011 con dúas xornadas de actividades este martes 26 e o mércores 27 entre as que se atopan unha mostra, a proxección dun documental, unha conferencia e a entrega dos Premios á Calidade e á Excelencia Lingüística. O conxunto de actos conmemorativos comezarán o martes 26 coa inauguración da exposición ‘A granxa experimental en Galicia (1888-1964)’ nun acto que se celebrará a partir das 12:30 horas no Salón de Actos da EPS coa presenza dos profesores Lourenzo Fernández Prieto e Xosé A. Fraga Vázquez. A exposición estará instalada no Pavillón 3 do centro lugués. Xa o mércores 27, a partir das 19:00 horas no mesmo Salón de Actos, terá lugar unha segunda quenda de actividades coa entrega dos premios á Calidade e á Excelencia Lingüística, a proxección do documental Al calor de las chimeneas promovida polos coordinadores do Plan de Desenvolvemento Sostible na EPS e a conferencia do profesor Alejo Carballeira, do Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía, sobre a ‘Biomonitorización do Aire’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.04.2011.