Pasar al contenido principal

A comunidade universitaria pode aprender a crear unha horta urbana

O seminario explicará dende a elección do lugar axeitado da plantación ata os coidados da horta
O seminario explicará dende a elección do lugar axeitado da plantación ata os coidados da horta
O obradoiro, que forma parte de USC en Transición, ten lugar este xoves 28 na Residencia Universitaria Burgo das Nacións

Os bolseiros de Sustantibilidade, Participación e Integración Universitaria organizan este xoves, 28 de abril, un obradoiro de horticultura urbana, no que os participantes teñen a oportunidade de aprender a realizar unha horta. A actividade desenvolverase nos patios da Residencia Universitaria Burgo das Nacións a partir das 17:00 horas e está aberta a toda a comunidade universitaria, aínda que o número de vacantes é limitado. Po iso, as persoas interesadas deben reservar a súa praza mediante correo electrónico á dirección hortausc [at] gmail.com (hortausc[at]gmail[dot]com). O obradoiro forma parte do programa USC en Transición, unha iniciativa incluída dentro do Plan de Desenvolvemento Sustentable que ten como obxectivo dinamizar á comunidade universitaria para poñer en marcha procesos de transición a pequena escala que, no seu conxunto, ademais de dar a coñecer modelos de vida máis sustentables, contribúan a reducir a pegada e a débeda ecolóxica da universidade. No caso concreto do obradoiro de horticultura, o taller estivo precedido dunha conferencia a cargo do responsable de comunicacións da Asociación Galega de Horticultura, Ramón Paz. As persoas que participen no obradoiro terán a oportunidade de coñecer todo o necesario para crear unha horta urbana, dende a elección do lugar axeitado para realizar a plantación ata os coidados axeitados para mantela. Con esta actividade, USC en Transición pretende contribuír á concienciación da problemática ambiental nas cidades, promovendo non só agricultura ecolóxica e libre de pesticidas e químicos, senón tamén incidindo no autoabastecemento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.04.2011.