Pasar al contenido principal

O Seminario do Obradoiro de Historia Moderna centrarase no reformismo borbónico

O V Seminario do Obradoiro de Historia Moderna da USC comeza este xoves 10 no Salón de Actos da Facultade de Filosofía onde se prolongará ata o próximo venres 11. A inauguración celebrarase ás 9.45 horas presidida polo decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso, coa presenza do director do Departamento de Historia Moderna, Hortensio Sobrado, e da directora da revista Obradoiro de Historia Moderna, María do Carme Saavedra. Concibido como a xuntanza científica anual do grupo de investigación de Historia Moderna, nesta ocasión o Seminario reflexionará sobre o reformismo borbónico, as súas formulacións de partida e as súas concrecións reais. Nestes dous días de debate, está prevista a intervención de Ángela Atienza, Pegerto Saavedra, Rafael Torres, Isidro Dubert, Pedro Ortego Gil, Ofelia Rey, Inmaculada Arias, Roberto López, Joaquim Albareda, María López Díaz, María del Carmen Saavedra e José Manuel Vázquez Lijó.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.11.2011.