Pasar al contenido principal

O Máster oficial en Dirección de Proxectos pechará este venres o período formativo da súa segunda promoción

O Máster oficial en Dirección de Proxectos pechará este venres 27 o período formativo da súa segunda promoción nun acto fin de máster que se vai celebrar na Escola Politécnica Superior de Lugo a partir das 19:00 horas presida polo vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón. No xornada tamén intervirán o director deste centro lugués, Javier Bueno; o presidente da Asociación Española de Enxeñaría de Proxectos, Salvador Capuz; o coordinador do máster, Carlos José Álvarez; e a presidenta da Asociación de Antigos Alumnos do Máster en Dirección de Proxectos, Martín Cardín. Nesta sesión tamén se entregarán os premios e accésits para o 1º e 2º Traballo Fin de Máster das dúas promocións deste posgrao. Este máster forma ao seu alumnado nas nove áreas directivas definidas polo Project Management Institute (PMI) como son a definición e control do alcance do proxecto, a estimación e control do seu prazo e custe, a xestión da súa calidade, a xestións do risco, das compras e contratacións, a xestión da información e comunicacións, a xestión dos recursos humanos do proxecto e a integración de toda estas áreas por medio da planificación e o control global. A cuarta edición arranca en 2011-2012

Actualmente aberta a matrícula da súa cuarta edición, o programa docente esténdese ao longo de dous cursos académicos e 60 créditos, de xeito que poida ser seguido polos traballadores que desenvolven a súa actividade profesional na empresa ou na administración. Este posgrao presenta un carácter profesional orientado a aqueles titulados, de calquera tipo, que no desempeño da súa actividade profesional descubran a necesidade de formarse na xestión de proxectos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.05.2011.