Pasar al contenido principal

Preséntanse no Campus de Lugo as bolsas para participar en proxectos de cooperación internacional

O estudantado da Escola Politécnica Superior asistirá este xoves 26 a unha presentación das bolsas para Proxectos de Coñecemento da Realidade que lles ofrecen a oportunidade de realizar unha estadía de cooperación nun país empobrecido para logo ser recoñecido o traballo como actividade de participación social ou prácticas da titulación que está a cursar. O prazo para presentar solicitudes remata o 2 de xuño. A presentación será ás 12:00 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior nun acto no que participarán o director da EPS, Javier Bueno; a responsable do Servizo de Voluntariado, Participación e Cooperación da USC en Lugo, Fátima Teixeiro; o experto en cooperación da Universidade Agraria de La Habana José Manuel Febles; e o profesor da EPS Xan Neira, membro das ONGs Cerai e Soga coas que colabora esta campaña.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.05.2011.