Pasar al contenido principal

Os atletas da USC acadan unha destacada actuación no Campionato Escolar en Pista

O Club Deportivo da USC colectou unha destacada actuación no Campionato Escolar en Pista celebrado recentemente na Pobra do Caramiñal. Representando ao club universitario acudiron máis de 20 atletas para participar na segunda xornada clasificatoria do Campionato. Entre os resultados finais, destacan as medallas de ouro acadadas por Martín Darriba (1.000 ML alevín), Pablo Rodríguez (500 ML alevín), Claudia Fernández Couto (500 ML alevín), Inés Saa (salto de altura infantil) e Lucia Suárez (3.000 ML infantil). Pola súa banda, Gabriel Alfonsín (80MV) e Ana Carreiras (80ML infantil) remataron no segundo chanzo do podio nas súas respectivas carreiras, o mesmo que Pablo Saa 3º na final de 1.000 ML en modalidade alevín e 4º en salto de lonxitude. Os mellores atletas deberán novamente saltar ás pistas o sábado 30 de abril, data na que se celebrará o Campionato Provincial.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.04.2011.