Pasar al contenido principal

Un taller sobre emprendemento afonda nas claves da iniciativa empresarial

O Centro de Estudos e Documentación Europeos organiza esta xornada, que ten lugar este venres 15 en Dereito, e é de balde

O emprendemento empresarial, as fontes do financiamento e como e por que emprender en tempos de crise son algúns dos temas que este venres se tratarán na xornada que terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Dereito. Trátase dun ‘Taller sobre Emprendemento Empresarial’ organizado polo Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC en colaboración con Audax-IUL, Centro de Empreendodorismo e Inovaçâo Empresarial de Lisboa. A participación é totalmente de balde, podendo formalizar a súa inscrición nos correos electrónicos cede [at] usc.es (cede[at]usc[dot]es) e edgareloy.abella [at] rai.usc.es (edgareloy[dot]abella[at]rai[dot]usc[dot]es) ou ben o propio día da celebración do taller no salón de graos de Dereito. O director xeral de Audax e cofundador de Sciencie4You, Luís Matos Martins, o profesor Joâo Pereira e María Bobillo, project manager de Audax falarán aos asistentes sobre o emprendemento e as súas dinámicas. Así mesmo, entre as 10:00 e as 13.00 horas haberá un taller sobre emprendemento empresarial na Aula 11 da Facultade de Dereito. A xornada conclúe ás 19:00 horas coa entrega de diplomas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.04.2011.