Pasar al contenido principal

O reitor preside o acto académico de imposición de becas do Colexio Maior Xelmírez

O reitor Juan Casares presidirá este xoves 14 a partir das 20:30 horas o acto académico de imposición de becas do Colexio Maior Xelmírez, que comezará coa intervención do seu director Tomás Briongos. Deseguido, o catedrático de Bioquímica e Bioloxía Molecular Manuel Freire pronunciará a conferencia maxustral ‘A defensa da saúde. Por qué enfermamos?’.

A intervención do secretario do Consello Colexial,Iago Amor, dará paso ao nomeamento de Colexiais de Honra, continuando coa imposición de becas de Colexiais Maiores e insignias aos residentes. O acto rematará coa entrega dunha placa conmemorativa aos graduados no presente curso.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.04.2011.