Pasar al contenido principal

A décima edición das Xornadas de Hispanismo recoñece a figura do profesor José Barreiro Barreiro

O reitor, Juan Casares, participou na inauguración das xornadas este mércores
O reitor, Juan Casares, participou na inauguración das xornadas este mércores
O semanario conclúe este venres na Facultade de Filosofía

A décima edición das Xornadas Internacionais de Hispanismo Filosófico remata este venres na Facultade de Filosofía. Entre os actos previstos, destaca unha homenaxe ao profesor José Luís Barreiro Barreiro, a partir das 18:00 horas. Coincidindo con este recoñecemento, tamén se poderá visitar unha mostra bibliográfica sobre o profesor, que estará aberta ata o 13 de maio. Previamente, haberá tres sesións de comunicacións, onde se tratarán a ‘Europa nas ‘asas de Pégasso’ (Ortega e Pessoa)’, a ‘Filosofía da historia na ensaística de Rafael Dieste’ e ’10 anos de produción filosófica en España (2000-2010)’. Ao longo deste xoves e venres, investigadores procedentes de universidades de España, Lisboa, Minho e Varsovia, analizan as ‘Crises da modernidade e filosofías ibéricas’, título baixo o que se celebra este seminario, no que se abordan figuras como as de Amor Rubial e Dieste ou Carlos Gurméndez. O seminario foi inaugurado o pasado mércores, nun acto presidido polo reitor da USC, Juan Casares e no que participaron tamén o decano da facultade, Luís Modesto García Soto; o presidente da Asociación de Hispanismo Filosófico, José Luís Mora, e o director do departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, Martín González.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.04.2011.