Pasar al contenido principal

Un curso achégase de xeito multidisciplinar ao coidado de persoas dependentes

O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC (SEPIU) organiza en colaboración coa Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple un curso multidisciplinar para o coidado de persoas dependentes, a celebrar entre os días 6 e 8 de maio. O contido estruturarase en diversas conferencias, a proxección de material audiovisual e o seu posterior coloquio, xunto cunha parte máis practica que se desenvolverá en obradoiros. A asistencia ao curso poderá validarse cun crédito de libre configuración e ten concedida a declaración de interesa sanitario da Consellaría de Sanidade. Cun número de prazas limitada en 60, o prazo de inscrición nesta proposta formativa permanecerá aberto ata o día 4 de maio.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.04.2011.