Pasar al contenido principal

A comunidade universitaria compostelá terá acceso á rede da USC en diversos parques e espazos público da cidade a través da rede sen fíos municipal

A comunidade universitaria de Compostela terá acceso á rede da USC e aos seus servizos en diversas prazas, parques e espazos público da cidade utilizando a rede wi-fi municipal. Trátase dunha nova prestación posible grazas a un convenio asinado pola USC e o Concello de Santiago. Concretamente, a comunidade universitaria compostelá poderá acceder á rede da Universidade compostelá nas prazas de Fonseca, Quintana, Toural, Praterías, Cervantes, Obradoiro, Porta do Camiño, Universidade, Inmaculada e Mazarelos, ademais de nos parques de Vista Alegre, Bonaval, Belvís e A Almáciga, na Praza de Abastos e nos centros socioculturais da Trisca e Vite, así noutros espazos que no futuro poidan incorporarase. O Concello incorporará unha icona de acceso á rede da USC, coa instrucións precisas para o seu uso, no portal captivo de acceso aos servizos da Rede Wimax Municipal. De xeito inicial, esta medida estenderase ata o mes de maio de 2012, prazo de finalización do convenio que regula a colaboración, se ben poderá prorrogarse automaticamente por períodos dun ano.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.04.2011.