Pasar al contenido principal

O equipo de goberno de Campus do Mar celebra a súa primeira xuntanza na USC

O equipo tense reunido con anterioridade tras a súa constitución o pasado mes
O equipo tense reunido con anterioridade tras a súa constitución o pasado mes
Tratará as liñas estratéxicas de captación de talento

O equipo de goberno de Campus do Mar celebrará o vindeiro luns 23 na Universidade de Santiago a súa primeira xuntanza, nas dependencias do edificio CACTUS a partir das 10:00 horas, incluíndo na súa axenda de traballo, entre outros temas, as liñas estratéxicas de captación de talento deste Campus de Excelencia que ten como organismos promotores ás tres universidades galegas, ao CSIC e ao Instituto Español de Oceanografía. En representación da USC, forma parte deste equipo o director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña da USC, o catedrático Victoriano Urgorri, que dirixe a Área de Proxección Social e Cultura Científica, a encargada de todas as accións transversais destinadas a conectar Campus do Mar co entorno social e achegar o proxecto ao conxunto da sociedade Xunto ao docente da USC, integran o equipo de dirección o catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, Emilio Fernández; o profesor de Investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Francisco Gómez Figueiras; o profesor da Universidade da Coruña e actual xestor do Programa Sectorial de Medio Mariño do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, Luis Fernández-Rodríguez; o conselleiro técnico do Instituto Español de Oceanografía en Vigo, Alberto González-Garcés; a catedrática do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, Elsa Vázquez; e a Vicexerente de Internacionalización da Universidade de Vigo, Regina Carreira. Unha das iniciativas centrais que Campus do Mar vai desenvolver de cara á captación de talento, e que se tratará neste encontro, será a aprobación dunha convocatoria de bolsas de máster. Campus do Mar define como un dos seus instrumentos centrais no proceso de proceso de transformación en Campus de Excelencia Interncional, conseguir a maior calidade na formación de posgrao, tanto en máster como en doutoramento. Na reunión tamén se fará un seguimento das accións que xa están en marcha e profundarase no deseño de novas iniciativas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.05.2011.