Pasar al contenido principal

Acto de graduación da XXXII promoción da Diplomatura en Enfermaría de Compostela

O reitor Juan Casares preside este venres 13 o acto de graduación da XXXII promoción da Diplomatura en Enfermaría, nunha sesión protocolaria que se celebrará a partir das 17:00 horas no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia. Xunto ao reitor tamén asisten o presidente do Consello Social, Manuel Puga; a directora da Escola, Mª Jesús Núñez; a subdirectora de Desenvolvemento e Seguridade Asistencial do Sergas, Mercedes Carreras; a vicepresidenta do Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña, Ana García Campos e a presidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Socorro Ortega. O acto comezará coa intervención dos representantes da promoción Sara Carro e Lucía Fraga, dando paso aos profesores Pilar Sánchez e Julio Brenlla, padriños desta promoción. Logo da quenda da directora do centro, proxectarase un vídeo conmemorativo e entregaranse os diplomas conmemorativos desta graduación. O acto botará o peche coas palabras do reitor composteláns.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2011.