Pasar al contenido principal

O director xeral de Agricultura da Comisión Europea vincula o desenvolvemento do mundo agrario á sociedade do coñecemento

De esquerda a dereita, Pablo Ramil, Juan Casares, José M. Silva e Javier Bueno
De esquerda a dereita, Pablo Ramil, Juan Casares, José M. Silva e Javier Bueno

O desenvolvemento do mundo agrario ten que basearse na vinculación coa sociedade do coñecemento, coa investigación e a innovación, “como camiño para que Europa sexa líder do mercado mundial ante a puxanza doutros emerxentes como China, que poden ser de suma importancia para nós”. Así se expresaba este luns o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva Rodríguez, que ofreceu na EPS a conferencia ‘A política agrícola común despois de 2013’. Silva avogou na súa charla por producir “máis e mellor” a través dunha política agraria “ respectuosa co medio ambiente e responsable co cambio climático”. Respecto do sistema de cuotas, que desaparecerá definitivamente en 2014, o que tamén fora director xeral de I+D da UE advertiu que ata decidir o sistema definitivo administraranse medidas transitorias que, garantindo a calidade dos produtos, evitarán un cambio traumático, fundamentalmente para os gandeiros. Na conferencia, presidida polo reitor compostelán Juan Casares, José Manuel Silva foi presentado polo vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación, Pablo Ramil, e acompañado polo decano do centro anfitrión, Javier Bueno. Ao acto asistiron numerosas autoridades académicas e membros da comunidade universitaria do campus lugués, ademais de representantes do Concello, da Deputación e das Consellarías de Medio Ambiente e de Medio Rural. A conferencia celebrouse na Escola Politécnica Superior

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.05.2011.