Pasar al contenido principal

O avogado do Caso Galgo José Rodríguez reflexiona en Dereito sobre a resolución de casos prácticos no eido da lexislación deportiva

O avogado do Caso Galgo José Rodríguez participa este xoves 12 na programación do curso ‘ Aspectos Legais, organizativos e farmacolóxicos no deporte de alta competición’ que organiza ao longo de toda esta semana a Asociación de Estudantes de Farmacia da USc en colaboración co Instituto Teófilo Hernando de I+D do Medicamento da Universidade Autónoma de Madrid. Na Aula 1 da Facultade de Dereito a partir das 20:00 horas, na súa intervención José Rodríguez falará sobre a resolución de casos prácticos no eido da lexislación deportiva. Rodríguez é ex deportista olímpico e socio director do bufete Rodríguez & Campaña Avogados. Nesta mesma sesión, Fernando Padín do Instituto Teófilo Hernando falará a continuación da relación entre medicamentos e deporte. O ciclo rematará o venres 13 nunha xornada que comezará ás 20:00 horas tratando da achega da fisioterapia na alta competición.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.05.2011.