Pasar al contenido principal

Especialistas de trinta países participan en Compostela no Congreso sobre Xestión Ambiental de Masas Forestais

Especialistas de trinta países participan en Compostela no Congreso sobre Xestión Ambiental de Masas Forestais
Especialistas de trinta países participan en Compostela no Congreso sobre Xestión Ambiental de Masas Forestais
A xornada da tarde comezará cunha mesa redonda aberta na que participan representantes dos diferentes axentes sociais implicados na xestión ambiental

160 expertos de trinta países de todo o mundo reúnense estes días en Compostela para analizar as últimas achegas na xestión ambiental de masas forestais no transcurso das sesións que ata este mércores 11 se celebran na Facultade de Ciencias da Comunicación dentro do congreso Managed Forest in Future Landscapes (http://www.waterandcarboninforests.es/dfieldtrips.php). O Congreso coincide coa conmemoración do Ano Internacional dos Bosques no que se pretende impulsar os beneficios sociais, ambientais e culturais dos sistemas forestais. Se trata ademais da última reunión dunha acción COST sobre bosques e audas financiada pola UE na que teñen traballados durante máis de dous anos máis de medio centenar de especialistas. Ao longo das sesións programadas se proporcionarán exemplos de como as masas forestais, incluso as que se xestionan para a obtención de madeira, contribúen a mellorar a calidade das augas. No congreso tamén se porá en relevancia as posibilidades de mitigación do cambio climático a través das masas forestais, en concreto, destacando a implicación que ten a actual ganancia de superficie forestal para compensar as emisións de CO2 á atmosfera. Este martes, segundo día de xuntanzas, vaise celebrar unha mesa redonda de carácter aberto, na que participarán representantes dos diferentes axentes sociais implicados na xestión ambiental. Así, intervirán o director da Unión de Silvicultores do Sur de Europa, Inazio Martínez de Arano; o representante da acción COST Douglas Godbold; Valérie Merckx, do Instituto Europeo do Bosque; o responsable do Departamento Forestal da FAO, Walter Kollert; o director xeral de Montes da Xunta de Galicia, Tomás Fernández-Couto; e Rosario Alves, da Asociación Forestal de Portugal. Comezará na Facultade de Ciencias da Comunicación a partir das 16:00 horas. Xa na sesión do mércores 11 os asistentes participarán nunha sesión de campo.

Con anterioridade, na sesión matinal, Irina Kurganova, da Academia Rusa de Ciencias, foi quen se encargou de impartir a conferencia plenaria da xornada, reflexionando sobre cambios no potencial do embargo de carbono mediante la reforestación inducida de terras de cultivo abandonadas en Rusia desde 1990.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.05.2011.