A Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición celebra en Santiago o seu 53 congreso anual
Expertos en nutrición e endocrinoloxía de toda España reuniranse esta semana en Santiago nun congreso organizado por docentes da Universidade compostelá. O evento inaugúrase este mércores ás 19:30 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia nun acto ao que asiste o reitor Juasn Casares. As sesións do 53 congreso anual da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición comezan propiamente o xoves 19 analizando, ao longo de dous días, en diversos simposios simultáneos cuestións sobre obesidade, diabete e morbi-mortalidade cardiovascular, diabete mellitus, patoloxía tiroidea, cancro endocrino, hiponatremia ou tratamento substitutivo hormonal, entre outras.