Pasar al contenido principal

A USC e a Universidade La Salle de México asinan un protocolo de cooperación cultural, científica e pedagóxica

Juan Casares e Jesús Vázquez reuníronse esta mañá en San Xerome
Juan Casares e Jesús Vázquez reuníronse esta mañá en San Xerome

O reitor Juan Casares e o seu homólogo da Universidade La Salle Morelia Jesús Vázquez Estupiñán asinaron este luns 23 en San Xerome un protocolo de cooperación cultural científica e pedagóxica que levará a ambas institucións a cooperar nos eidos da ensinanza e a investigación. O documento subscrito establece os principios xerais e as condicións baixo as que se levará a cabo a intención de colaborar entre as dúas institucións. O obxectivo é promover o desenvolvemento e difusión da cultura e, en especial, do ensino superior de grao e posgrao, así como a investigación científica e tecnolóxica. Os programas e proxectos de cooperación nos que se materializará este protocolo orientaranse ao intercambio de profesores, investigadores e estudantes; formación de persoal; intercambio de información e documentación; cursos de grao e posgrao; realización de seminarios, conferencias, coloquios, encontros ou xornadas; e a realización de publicacións e proxectos científicos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2011.