Pasar al contenido principal

Recital do Grupo Barroco no ciclo Músicas a carón da mosqueira de Lugo Cultural

O concerto será o luns ás 20:30 horas na Casa do Saber

O Grupo Barroco, dirixido polo profesor do Departamento de Vento do Instituto Internacional de Música de Cámara de Madrid, Hansjörg Schellenberger, ofrece este luns 23 un novo concerto do ciclo Músicas a carón da mosqueira que organiza Lugo Cultural. O recital, de entrada libre, será o luns ás 20:30 horas na Casa do Saber. Neus Puig á frauta, Özge Inci no oboé, Àlber Catalã ao fagot e Yago Mahúgo no clavicémbalo ofrecerán un programa con pezas de Bach, Johann Joachim e Teleman. Dende a súa creación en 2001, o Grupo Barroco está integrado por alumnos da Escola Superior de Música Reina Sofía nas súas distintas cátedras de instrumento. En 2006 actuaron na Fundación Juan March, en 2007 no Centro Cultural Conde Duque, no Museo do Prado e no Auditorio Sony de Madrid dentro do ciclo Da Camera. No ano 2008 participaron en varios ciclos, como o Primavera BBVA no Palacio Marqués de Salamanca, ciclo Solistas do Século XXI de Radio Clásica-RNE e Generación Ascendente BT no Auditorio Nacional de Música de Madrid. En 2009 tocaron no Concerto BP no Auditorio Sony.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.05.2011.