Adriana Páramo presenta na USC a súa curtametraxe ‘Illa de pedra’
A primeira produción audiovisual cunha versión en galego para discapacitados visuais
A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o luns 23 a presentación da curtametraxe “Illa de Pedra” dirixida por Adriana Páramo. Trátase da primeira produción audiovisual en Galicia cunha versión de audiodescrición para discapacitados visuais feita en galego. A proxección será ás 18:00 horas no auditorio da Facultade, no Campus Norte compostelán.