Pasar al contenido principal

Investigadores emerxentes no eido da física de sistemas de electróns fortemente correlacionados celebran un congreso na USC a comezos de xullo

Un total de 60 investigadores procedentes de vinte países participarán do 3 ao 8 de xullo no congreso internacional ‘The new generation in strongly correlated electrons systems’ que se celebrará no edificio do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais (CIQUS). O obxectivo do encontro é reunir a investigadores emerxentes no eido da física de sistemas de electróns fortemente correlacionados e promover colaboracións entres unha atmosfera distendida. Os asistentes ao congreso presentarán medio centenar de contribucións científicas, entre elas máis de trinta charlas de investigación. O congreso articúlase en torno a catro áreas que viven unha explosión de actividade investigadora nos últimos anos debido á coincidencia de varios feitos chaves como o descubrimento dos materiais illantes topolóxicos; o descubrimento de superconductividade de alta temperatura en compostos baseados en ferro; o progreso abraiante na fabricación de heteorestruturas compostas por óxidos; e a habilidade para illar planos individuais de grafeno e incorporalos como compoñentes electrónicos. O congreso está organizado polo profesor do Departamento de Química Física e mebro do CIQUS Francisco Rivadulla; o doutor do programa Isidro Parga Pondal, Iván Gonzalez; o investigador da Universidade de Davis (California) Victor Pardo; e por Cristian Batista de Los Alamos National Lab (EEUU). O congreso está financiado pola European Science Foundation e o Ministerio de Ciencia e Innovación. As persoas interesadas poden atopar máis información, incluíndo un programa completo así como algunhas actividades de divulgación, na páxina web http://ngsces2011.cesga.es.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.06.2011.