Pasar al contenido principal

A Biblioteca Concepción Arenal da USC conmemora cunha exposición o 75 aniversario do plebiscito do Estatuto do 36

A Biblioteca Concepción Arenal da USC quere conmemorar cunha exposición bibliográfica o setenta e cinco aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, coñecido como Estatuto de 1936, que foi aprobado en referendo o 28 de xuño dese ano. A mostra, aberta ata o 15 de xullo, céntrase fundamentalmente na campaña que culminou co plebiscito de xuño. Ademais da exposición bibliografía con fondos da BUSC, amósanse reproducións de voandeiras, propaganda a favor e en contra do estatuto, así como reproducións de cartaces deseñados polos mellores artistas galegos, como Seoane, Castelao ou Camilo Díaz Baliño. Igualmente a mostra contén reproducións dos xornais afíns, tanto dos que traballaron abertamente polo fracaso do referendo como dos da banda a prol do Estatuto.

A pesar de non ser discutido nin sometido a aprobación no Congreso dos Deputados, o Estatuto do 36 serviu polo menos para que na Constitución española de 1978 Galicia fose considerada como nacionalidade histórica.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.06.2011.