Pasar al contenido principal

Un curso en Lugo ofrecerá formación práctica aos docentes sobre os coidados da voz

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

‘A voz como ferramenta de traballo na profesión docente. Recursos e estratexias de emprego’ é o título do curso de verán que se vai celebrar do 19 ao 21 de xullo no Salón de Actos da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo organizado pola profesora María Fiuza Asorey. Ao longo de 18 horas lectivas, as persoas que se inscriban recibirán sesións teóricas sobre o funcionamento do mecanismo vocal ou a dimensión emocional da voz, educación e reeducación da voz profesional ou normas de hixiene vocal na aula e na vida diaria, entre outros asuntos. Estas intervención irán acompañadas de demostracións e exercicios prácticos para valorar a calidade vocal dos asistentes, correxir determinadas condutas ou de reeducación vocal. O obradoiro impartirano conxuntamente Maria Fiuza e Lina Iglesias. Fiuza Asorey e profesor do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, doutora en Psicoloxía e licenciada en Logopedia, cunha experiencia de 20 anos de traballo clínico como terapeuta especialista en linguaxe, fala e voz. Pola súa banda, Lina Iglesias Forneiro é profesora do Departamento de Didáctica e Organización Escolar, mestra de Educación Infantil e máster en counselling con experiencia no traballo emocional. Para acadar máis información sobre o programa ou consultar a maneira de formalizar a matrícula, as persoas interesadas poden dirixirse á paxina web do curso en http://www.usc.es/cultura/uveran20_11.htm.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.06.2011.